Sunday 05 de May de 2024

O Concello de Lousame volverá a programar o espectáculo “Os fabulosos cleaners” en 2019 ante o gran éxito de participación rexistrado


 

O auditorio da Casa da Cultura de Lousame quedou pequeno para acoller o pasado domingo o espectáculo “Os fabulosos cleaners”, de Malasombra Producións. Máis dun cento de persoas abarrotaron todas as localidades dispoñibles para asistiren ao sorprendente espectáculo visual con pompas de xabón dos actores Xoque Carbajal e Jouse García.

De feito, sesenta persoas quedaron sen poder entrar na sala polo que o Concello de Lousame acordou volver a programar este espectáculo no primeiro trimestre de 2019, en canto se fixe unha nova data coa compañía. A intención do Departamento de Cultura lousamiá e poder programar dous pases da actuación.

“Os fabulosos cleaners” está dirixido por Marcos Orsi e Xoque Carbajal, sobre unha idea orixinal de Luís Beviá e o propio Xoque Carbajal. Un espectáculo cheo de cor e humor no que, durante unha hora, o público goza dun espectáculo de máxicas burbullas: pompas transparentes, con fume, con vapor, pequenas, grandes, estáticas ou voando por todo escenario.